A Rede Galega de Granxas Modelo busca solucións para o futuro do sector gandeiro
O Grupo Operativo Rede Modelo ten como obxectivo analizar os modelos produtivos de Galicia en cada un dos sectores máis relevantes do noso agro.
Tras esta análise, establecerase unha rede piloto de granxas que permitirá recoller de forma continuada datos técnico-económicos para a monitorización dos custos de produción, que son clave para garantir a viabilidade económica das explotacións.
O sector escollido para o establecemento desta rede piloto é o de vacún de carne.
Cada Granxa Modelo representaría o sistema de produción máis común en Galicia (por tamaño, manexo e rendementos), cunhas características similares en termos de ingresos e custos, é dicir, trátase de dispoñer dunha mostra representativa do sector estudado.
Este Grupo Operativo traballará conxuntamente cos gandeiros para mellorar a xestión técnico-económica das explotacións, fomentando dinámicas orientadas á mellora da profesionalización. Isto traducirase nun aumento da rendibilidade e na garantía da viabilidade das granxas.
O consorcio deste Grupo Operativo, liderado pola Fundación Juana de Vega, está integrado polo Consello Regulador das Carnes de Vacún de Galicia e a Cooperativa A Carqueixa e conta como colaborador externo co Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM), dependente da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (CIAM).
Definir un modelo produtivo típico para cada un dos sectores gandeiros máis relevantes do agro galego
Establecer redes sectoriais
Calcular e analizando os custos de produción do sector de vacún de carne
Comezarase a traballar polo vacún de carne, un sector clave para a economía rural galega, vinculado ademais ás indicacións de calidade diferenciada, pero que na actualidade é un sector desestruturado e pouco profesionalizado en comparación con outros sectores do agro galego.
Unha vez finalice o proxecto, a rede de granxas piloto porase a disposición da administración para que, se se dá o caso, continúen coa rede ou a amplíen a outros sectores gandeiros como o vacún de leite, ovino-caprino e porcino.
Vacún de carne, vacún de leite, pequenos ruminantes e avícola.
Son explotacións encadradas dentro dos estándares definidos como típicos que proporcionarán información veraz, actualizada e adaptada á realidade galega.
Estes informes achegarán información fiable para axudar a incrementar o nivel de transparencia nas relacións comerciais.
Son datos que permitirán unha mellora da xestión técnico-económica das gandarías para contribuír á súa viabilidade e sostibilidade.
Dotarase de novas funcionalidades para mellorar as comparativas e facilitar a xeración de métricas e informes.
Consultar aquí a Estratexia.
O Grupo Operativo foi un dos seleccionados para ser financiados na pasada convocatoria 2023 das Axudas para a execución de proxectos innovadores dos Grupos Operativos da Asociación Europea de Innovación (AEI), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan Estratéxico da PAC (PEPAC) 2023-2027. Conta cun presuposto de 139.900,70€ e o periodo de execución abarca do 1 de setembro de 2024 ao 30 de setembro de 2026.
Do 1 de setembro de 2024 ao 30 de setembro de 2026
139.900,70€