
Avanzando na profesionalización da gandería en Galicia
Esta é unha das cuestións que o Grupo Operativo Rede Granxas Modelo busca responder no marco dos estudos que se levarán a cabo entre setembro de 2024 e setembro de 2026.
O fin último é proporcionar información adaptada á realidade que viven os gandeiros galegos para axudarlles a mellorar a súa eficiencia nos procesos produtivos, levando isto a un aumento da rendibilidade económica das explotacións.
O sector agrogandeiro galego presenta unha serie de características propias que o diferencian do resto dos modelos produtivos de España. Esta singularidade fai necesario o desenvolvemento de solucións específicas, como as que se definirán a través da investigación de Rede de Granxas Modelo.
Vacún de carne, vacún de leite, pequenos ruminantes e avícola.
Son explotacións encadradas dentro dos estándares definidos como típicos que proporcionarán información veraz, actualizada e adaptada á realidade galega.
Estes informes achegarán información fiable para axudar a incrementar o nivel de transparencia nas relacións comerciais.
Son datos que permitirán unha mellora da xestión técnico-económica das gandarías para contribuír á súa viabilidade e sostibilidade.
Dotarase de novas funcionalidades para mellorar as comparativas e facilitar a xeración de métricas e informes.
Consultar aquí a Estratexia.
A rede galega de granxas de vacún de carne é unha iniciativa para crear unha rede de explotacións gandeiras que representen o sistema de produción máis común en Galicia. O seu obxectivo é recoller datos técnicos e económicos para mellorar a profesionalización do sector e garantir a súa viabilidade. Os datos recollidos volcaranse na aplicación Conta Carne, que se mellorará con novas funcionalidades.
Neste estudo participarán unha vintena de granxas voluntarias de Galicia. A maioría localízanse en Lugo (13), xa que é a provincia que concentra maior número de explotacións dedicadas a produción de carne na nosa comunidade. Tamén hai 4 na Coruña e 3 en Ourense.