pilotos

Pilotos da Rede Galega de Granxas Modelo

Establecemento dos pilotos

O sector agrogandeiro galego presenta unha serie de características propias que o diferencian do resto dos modelos produtivos de España. Esta singularidade fai necesario o desenvolvemento de proxectos adaptados que acheguen solucións específicas.

Entre setembro de 2024 e setembro de 2026, o consorcio do Grupo Operativo Rede Granxas Modelo caracterizará os sectores gandeiros típicos de Galicia: vacún de carne, vacún de leite e ovino-caprino.

A partir desta caracterización definirase, para cada sector un tipo de Granxa Modelo que representará o sistema de produción máis común na nosa comunidade (por tamaño, tipo de manexo, rendemento,…).

Unha vez establecidos os modelos típicos, analizaranse os custos de produción, comezando cun proxecto centrado na granxa modelo de vacún de carne.

Pilotos - Grafismo
Proximamente!
Proximamente!
Proximamente!

Rede de Granxas de Vacún de Leite

Rede de Granxas de Ovino-Caprún

Rede de Granxas de Avícola

Pilotos - Rubia Galega