Rede de explotacións gandeiras de Galicia
O sector do vacún de carne é clave na economía rural galega, pero enfróntase a retos de profesionalización. Coñecer e controlar os custos de produción é fundamental para garantir ingresos dignos e un futuro sostible para as nosas granxas.
A Rede Galega de Granxas de Vacún de Carne é unha iniciativa para crear unha rede de explotacións gandeiras que representen o sistema de produción máis común en Galicia.
O seu obxectivo é recoller datos técnicos e económicos para mellorar a profesionalización do sector e garantir a súa viabilidade. Os datos recollidos volcaranse na aplicación Conta Carne, que se mellorará con novas funcionalidades.
Neste estudo participan unha vintena de granxas voluntarias de Galicia. A maioría localízanse en Lugo (13), xa que é a provincia que concentra maior número de explotacións dedicadas a produción de carne na nosa comunidade. Tamén hai 4 na Coruña e 3 en Ourense.

A explotación típica de vacún de carne en Galicia adoita ser de carácter familiar e de pequeno ou mediano tamaño. Ocupa, por termo medio, entre 30 e 60 hectáreas —principalmente, dedicadas a pastos— e conta cun rabaño duns 50 a 70 animais, sobre todo, vacas nutrices e os seus becerros. Este modelo de explotación é capaz de xerar unha facturación anual que rolda entre os 35.000 e os 70.000€.